Falece unha persoa e outra ferida ao bater o seu vehículo contra o muro dunha vivenda

Falece unha persoa e outra ferida ao bater o seu vehículo contra o muro dunha vivenda
Falece unha persoa e outra ferida ao bater o seu vehículo contra o muro dunha vivenda

O accidente ocorreu no lugar de Aguete, na estrada que une Marín e Bueu, ao redor das 16:30 horas de onte

Unha persoa perdeu a vida e outra resultou ferida de consideración o domingo no termo municipal pontevedrés de Marín ao saírse da vía e bater contra o muro dunha casa o turismo no que viaxaban.

O accidente ocorreu no lugar de Aguete, na estrada que une Marín e Bueu, ao redor das 16:30 horas. Nese momento varías persoas particulares contactaban co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Axiña, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Morrazo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Pontevedra e a Policía Local da localidade.

Como consecuencia do impacto, os Bombeiros empregaron o material de excarceración para liberar ás vítimas. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida dun dos ocupantes do turismo cuxo falecemento foi confirmado aos poucos minutos polo equipo médico desprazado no lugar do accidente.

Comentarios
Lo más