Gran expectación pola procesión da Confraría da Esperanza

Gran expectación pola procesión da Confraría da Esperanza
Gran expectación pola procesión da Confraría da Esperanza

Sendo unha das Confrarías máis novas da Semana Santa compostelá, fundada no ano 2005, procesiona coa Virxe da Esperanza

Onte á Semana Santa de Compostela viviu o turno da Confraría da Esperanza, que cos seus capuchóns vermellos e cunha gran participación de nenos e nenas, saiu sobre ás 18:00 horas da Igrexa das Ánimas. 

Sendo unha das Confrarías máis novas da Semana Santa compostelá, fundada no ano 2005, procesiona coa Virxe da Esperanza, talla de Bernardino Mosquera realizada no ano 1877 e restaurada no 2015 por Manuel Rodríguez Rocha.

O paso, pola súa banda, caracterízase por ser portado integramente por mulleres.

Á súa saída, subiu por Casas Reais cara a praza de Cervantes, Preguntoiro, Caldeirería, tras Salomé, rúa Nova, praza do Toural e Orfas; continuando co mesmo percorrido que na baixada para rematar de novo na súa sede, a igrexa das Ánimas.

Comentarios
Lo más