Grata experiencia dos cinco estudantes da aula galega que actuaron no Festival de Saxofón máis importante de España

Actuaron a pasada fin de semana en Mallorca

Cinco alumnos da Aula Galega de Saxofón que se imparte no noso conservatorio actuaron a pasada fin de semana no festival máis importante en torno a este instrumento que se realiza en España no Mallorca Saxophone Festival, onde puideron demostrar o seu talento e levaron un bo sabor de boca de resultas da experiencia vivida.

Os estudantes da Aula participaron na sección denominada "Tribuna de Jóvenes Intérpretes”. Os alumnos que se desprazaron á illa balear foron:

- Jaime Estévez Moreira (Cmus Profesional Vigo)

- Rubén Fuerte Casal (Esmu Municipal de Vila de Cruces)

- Uxía Caneda Cao (Cmus Profesional Santiago)

- María Crespo Cutrín (Cmus Profesional Santiago)

- María Núñez Figueiras (Cmus Profesional Riveira)

Masterclass de Timothy MacAllistar

O sábado tiveron a oportunidade de asistir a unha masterclass do saxofonista estadounidense Timothy McAllistar, mentres que o domingo, despois de recibir clases de Rodrigo Vila e ensaiar co pianista acompañante Joan Ramón Company, subiron ao escenario para ofrecer un concerto no auditorio do Conservatorio.

Comentarios
Lo más