A candidatura de Sánchez Bugallo apoia a proposta da Comisión creada para impulsar o Xardín Botánico

A candidatura de Sánchez Bugallo apoia a proposta da Comisión creada para impulsar o Xardín Botánico
Foto de arquivo
A candidatura de Sánchez Bugallo apoia a proposta da Comisión creada para impulsar o Xardín Botánico

Así llo trasladaron nunha reunión mantida con representantes da Comisión, constituída polo Ateneo, a Sociedade Económica de Amigos do País da cidade de Santiago, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC; e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, apoia a proposta da Comisión constituída polo Ateneo, a Sociedade Económica de Amigos do País da cidade de Santiago, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC; e a delegación en Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; para impulsar o Xardín Botánico. Así llo trasladou ao vicepresidente do Ateneo e á secretaria da COAG, nunha reunión na que tamén estiveron presentes os números dous e tres da súa candidatura, Mercedes Rosón e Gumersindo Guinarte, respectivamente.

A proposta consiste na recuperación do obxectivo inicial de Xardín Botánico, a través dun novo proxecto que, segundo explicou Sánchez Bugallo “podería e debería ser posto en marcha con motivo do Ano Santo de 2021; buscando novamente o apoio e implicación do consorcio da Cidade de Santiago e das restantes administracións públicas”. O obxectivo é converter o futuro Xardín Botánico “nun espazo cidadán útil como proxecto educativo e investigador, e tamén desde o punto de vista da atracción do turismo”.

Actualmente, os 43.000 metros cadrados destinados a xardín botánico na beira do río Sarela, xa son de propiedade pública. Foron expropiados no ano 2004 polo concello de Santiago con fondos do Consorcio; para ser posteriormente cedidos á USC, que é a administración que asumiu a responsabilidade da súa xestión. Pero, por falta de fondos, a Universidade de Santiago non puido completar a instalación. Hoxe, ese terreo é unha área dun extraordinario valor medio-ambiental, utilizada por moitas persoas para andar e pasear. 

Comentarios
Lo más