O Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo e a procesión do horto e prendemento, serán as encargadas de encher as rúas hoxe Martes Santo

O Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo e a procesión do horto e prendemento, serán as encargadas de encher as rúas hoxe Martes Santo
O Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo e a procesión do horto e prendemento, serán as encargadas de encher as rúas hoxe Martes Santo

Esta tarde, a Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia, orixinaria de Conxo, sairá ás 21 horas da Igrexa das Nais Mercedarias, ubicada no Tránsito da Mercé. Pola súa banda, ás 22.30 horas, a Confraría Franciscana da Vera Cruz, será a encargada de sacar á rúa a primeira das súas tres procesións marcadas no calendario.

En total son catro as procesións que saíron á rúa dende o Venres de Paixón. A Virxe das Dores, a imaxe da Entrada Triunfal en Xerusalén, a Virxe da Esperanza e a Nosa Señora da Humildade; pero todavía quedan por diante un total de 13 procesións que realizarán a súa Estación de Penitencia ao longo desta semana en Santiago.

Esta tarde, a Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia, orixinaria de Conxo, sairá ás 21 horas da Igrexa das Nais Mercedarias, ubicada no Tránsito da Mercé.

Fundada no ano 1629, procesionaba na súa orixe coa imaxe do crucificado, obra de Gregorio Fernández, que se fai famosa en Compostela, acudindo masivamente o pobo para venerar a sacra imaxe o Mércores de Cinza, e á procesión o segundo domingo de resurrección (Dominica in albis), procesión que discorre desde a Catedral ata o mosteiro dos Pais Mercedarios en Conxo.

Xa no ano 1980, tras longos anos de ausencia, a procesión e a confraría foron restituídas. Actualemente, a talla do Santísimo Cristo da Paciencia é un crucificado de 1915 realizado polo compostelán Maximino Magariños para a Confraría.

O seu percorrido será o seguinte:

Convento das Mercedarias Tránsito da Mercé Rúa Fonte de Santo Antonio Rúa das Orfas Cantón do Toural Praza do Toural Rúa do Vilar Praza das Praterías Rúa da Conga Praza da Quintana e entrada na SAMI da Catedral de pola porta de Praterías.

Pola súa banda, ás 22.30 horas, a Confraría Franciscana da Vera Cruz, será a encargada de sacar á rúa a primeira das súas tres procesións marcadas no calendario, neste caso, a do Horto e Prendemento. Durante o seu transcurso, o desfile fará unha pausa no camiño, concretamente na Praza das Praterías, onde terá lugar a representación do prendemento. Posteriormente retomará o seu percorrido cara a súa sede.

A Confraría, da que existen documentos que indican como ano de fundación en 1948, foi instaurada de novo, logo dun período de tempo sen actividade, no ano 1997. Como en tantas outras cidades de España, a Confraría da Vera Cruz nace baixo o seo da Orde Franciscana. Dende o ano 1663 houbo problemas para sacar adiante a tradicional procesión do Xoves Santo, a da Última Cea do Salvador, o que obrigou a poñer en práctica varias solucións que non tiveron éxito, polo que en 1719 decidiu o Concello asumir esa obrigación, que mantería ata 1976, suspendéndose entón ata 1993.

Máis recentemente, no ano 2012, impúlsase a creación dunha talla de Xesús Resucitado, do mesmo autor que a talla da Santísima Virxe; e xa no ano 2014, e coincidindo co aniversario da peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela, xorde a idea de levar a cabo un novo desfile, a noite do Martes Santo para acoller a representación e posterior procesión da Oración de Xesús no horto dos Olivos e do Prendemento.

O seu percorrido será o seguinte:

Campiño de San Francisco Rúa San Francisco Praza do Obradoiro Rúa do Franco Travesa do Franco Rúa do Vilar Praza das Praterías (Representación do Prendemento) Rúa de Fonseca Praza do Obradoiro Rúa de San Francisco Campiño de San Francisco.

Comentarios