Accidente en Foz no que estiveron implicados tres coches cunha persoa ferida

Accidente en Foz no que estiveron implicados tres coches cunha persoa ferida
Accidente en Foz no que estiveron implicados tres coches cunha persoa ferida

Os feitos tiveron lugar na N-642, á altura da parroquia de Fazouro, ao fío das 16:40 horas

En Foz, un choque entre tres turismos saldouse cunha persoa ferida. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario.

Os feitos tiveron lugar na N-642, á altura da parroquia de Fazouro, ao fío das 16:40 horas.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios confirmaron ao CIAE 112 Galicia que unha persoa que viaxaba nun dos vehículos implicados no sinistro precisaba asistencia sanitaria.

Decontado, os xestores do CIAE 112 puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo. Ademais, desde o 112 Galicia informouse do ocorrido á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade lucense.

Comentarios
Lo más