Sufocan un incendio no interior do CRA Raíña Argonta, en Salceda de Caselas

Sufocan un incendio no interior do CRA Raíña Argonta, en Salceda de Caselas
Sufocan un incendio no interior do CRA Raíña Argonta, en Salceda de Caselas

Dadas as horas nas que se produciu o lume e máis en período vacacional, o centro estaba baleiro no momento do incidente

Os bombeiros sufocaron esta noite un incendio declarado nun cuarto do interior do Colexio da Picoña, en Salceda de Caselas.

Dadas as horas nas que se produciu o lume e máis en período vacacional, o centro estaba baleiro no momento do incidente, que están a investigar as forzas da orde.

Precisamente, foron os axentes da Policía Local quen deron a voz de alarma a través da súa chamada ao 112 Galicia cando pasaban uns minutos da medianoite. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros do Porriño e de Ponteareas e voluntarios de Protección Civil da localidade para sufocar as chamas, que alcanzaron un cuarto situado na aula de Infantil. A rápida actuación dos efectivos de extinción permitiu confinar o lume e evitar a súa propagación.

Pola súa banda, os axentes de seguridade, xunto cos membros da Garda Civil, analizaron a situación co obxectivo de aclarar as circunstancias do suceso, pois atoparon indicios que fan pensar nun lume provocado.

Comentarios