O programa ‘Prevención da Dependencia’ de Boqueixón organizou un encontro co persoal de enfermería do centro de saúde

O programa ‘Prevención da Dependencia’ de Boqueixón organizou un encontro co persoal de enfermería do centro de saúde
O programa ‘Prevención da Dependencia’ de Boqueixón organizou un encontro co persoal de enfermería do centro de saúde

Profesionais da sanidade atenderon as dúbidas das persoas participantes nesta iniciativa municipal

A veciñanza participante no programa de Prevención da dependencia do Concello de Boqueixón participou nun encontro con persoal de enfermería do centro de saúde. Este encontro foi organizado pola coordinación do propio programa como complemento ás iniciativas que se desenvolven semanalmente.

O encontro tivo lugar no local social de Vigo, lugar que acolle as actividades deste programa municipal. A temática centrouse no tratamento e hixiene dos pés, aínda que tamén se abordaron outras temáticas. Así, as máis dunha ducia de persoas asistentes expuxeron as súas dúbidas sobre cuestións como a alimentación saudable, o Sintrom ou a diabetes.

Profesionais do centro de saúde boqueixanés aclararon as dúbidas plantexadas, ao tempo que se amosaron gratamente sorprendidos e sorprendidas polo desenvolvemento desta iniciativa. Neste senso, destacaron a importancia do programa de Prevención da dependencia e as súas características, toda vez que contribúe a unha mellora da calidade de vida da veciñanza que a el acude.

As persoas asistentes amosáronse moi participativas e valoraron moi positivamente esta actividade. Dado o éxito desta proposta, dende a coordinación do programa organizarán outros encontros deste tipo con profesionais do municipio.

Comentarios
Lo más