Encontro entre a AVV. do Pombal e Xoán Bascuas

Encontro entre a AVV. do Pombal e Xoán Bascuas
Encontro entre a AVV. do Pombal e Xoán Bascuas

Compromiso recolleu as demandas que dende a asociación veciñal levan reclamando ante a falta de investimento no barrio

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación Veciñal do Pombal mantiveron unha xuntanza na que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a sufrir a veciñanza. Deste xeito, membros da candidatura ás vindeiras eleccións municipais tiveron ocasión de coñecer de primeira man a situación actual dos dintintos problemas. Dende a Asociación Veciñal apuntan que as principais demandas céntranse na falta de investimento no barrio que, a pesar de ser parte do Casco Histórico, está olvidado polo Goberno municipal. Así, hai falla de servizos como colectores do lixo, practicamente un só en toda a rúa, ou o mal estado das beirarrúas, “impracticable nunha cadeira de rodas ou nun carro de bebé”.

Segundo Bascuas, “no Pombal fai falla un plan de humanización que proporcione un espazo máis habitable e que permita calmar o tráfico”. A modo de exemplo, o candidato galeguista menciona o acontecido co alumeado público na zona, “onde se pasou dunhas farolas características do lugar a outras propias dunha estrada interurbana”.

Dende Compromiso apuntan a desigualdade que está a sufrir o Pombal en comparanza cos barrios próximos debido a falta de interese do Goberno local e ven necesario unha actuación urxente para poñer en valor un dos barrios que e porta de entrada na cidade.

Comentarios
Lo más