O recoñecido violinista xeorxiano Teimuraz Janikashvili formará a xoves músicos galegos

O recoñecido violinista xeorxiano Teimuraz Janikashvili formará a xoves músicos galegos
O recoñecido violinista xeorxiano Teimuraz Janikashvili formará a xoves músicos galegos

As clases celebraranse os días 23 e 26 de abril na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.

A finales de abril contarase coa presenza do recoñecido violinista xeorxiano Teimuraz Janikashvili. As clases celebraranse o martes 23, de 16:00 a 20:00 horas; e o venres 26, de 10:00 a 13:30 horas. Ademais dos alumnos da Escola, tamén poden asistir a estas clases músicos externos ao centro. Os interesados en participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Os aspirantes deben estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

Formou parte da Orquestra Sinfónica de Galicia e colabora habitualmente coa Real Filharmonía de Galicia

Nacido en 1974 na capital xeorxiana de Tiflis, Teimuraz Janikashvili comezou os seus estudos de violín á idade de seis anos. Aos oito ofreceu o seu primeiro concerto coa Orquestra Nacional de Xeorxia. En 1988 trasladouse a Moscú para continuar a súa formación no Colexio Chaikovski. Nesa etapa gañou o primeiro premio do Festival de Nyírbátor, en Hungría.

En 1992 e 1993 foi concertino convidado da Orquestra de Cámara de Tiflis. En 1993 accedeu ao Conservatorio Chaikovski e entrou a formar parte da Orquestra da Radiotelevisión de Rusia. Logo foi violín solista da Orquestra de Cámara Kremlin e máis tarde membro da orquestra de cámara Solistas de Moscú, coa que ofreceu concertos por todo o mundo.

En 1999 trasladouse a España, onde formou parte da Orquestra Sinfónica de Galicia e colaborou tamén como concertino da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia. Foi solista da Orquesta Sinfónica de Castilla y León e concertino da Orquestra Simfònica del Vallès.

Na actualidade colabora habitualmente coa Real Filharmonía de Galicia.

Comentarios