Danos materiais nunha nave industrial en Pontecesures

Danos materiais nunha nave industrial en Pontecesures
Foto de arquivo
Danos materiais nunha nave industrial en Pontecesures

Un incendio declarado a pasada tarde nunha nave industrial en Pontecesures provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Un incendio declarado a pasada tarde nunha nave industrial en Pontecesures provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as lapas calcinaron un túnel que conecta cunha cámara destinada á aspiración de pintura.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio ao fío das 19:15 horas, a través da chamada dunha persoa particular. No seu relato indicaba que ningunha persoa estaba afectada.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilagarcía, ao GES de Valga e á Garda Civil. Ademais, por precaución, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias.

Xa no punto, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que fora o propio persoal da empresa quen sufocara o incendio, polo que permaneceron no lugar dos feitos realizando tarefas de arrefriamento na zona afectada.

Comentarios