Dúas persoas foron detidas por ser falsos revisores de gas

Dúas persoas foron detidas por ser falsos revisores de gas
Dúas persoas foron detidas por ser falsos revisores de gas

A operación levouna a cabo a Garda Civil de Ourense en colaboración coa de Pontevedra

Dúas persoas foron detidas no aeroporto de Peinador de Vigo como presuntas autoras dunha quincena de furtos cometidos en vivendas particulares, tres delitos de estafa e outro contra a seguridade viaria.

Segundo informou o Instituto Armado, os detidos, ambos de nacionalidade española, facíanse pasar por falsos revisores do gas para poder acceder a domicilios, xeralmente de persoas de avanzada idade, para subtraerlles diñeiro e xoias.

Nun rexistro domiciliario practicado nunha vivenda de Vilagarcía de Arousa, a Garda Civil atopou parte dos obxectos roubados, entre os cales, había pendentes, colgantes, aneis e pulseiras.

Tamén acharon 304 cartuchos dunha arma curta, 1.500 euros en efectivo, dous teléfonos móbiles así como catro gramos de cocaína e outros vinte de haxix, xunto con utensilios destinados á manipulación da droga.

A operación levouna a cabo a Garda Civil de Ourense en colaboración coa de Pontevedra.

A Garda Civil atribúelles furtos en Riós, A Merca (provincia de Ourense) e tamén na provincia de Lugo.

Comentarios