Dúas persoas trasladadas ao sufrir unha saída de vía co coche no que viaxaban en Vilagarcía

Dúas persoas trasladadas ao sufrir unha saída de vía co coche no que viaxaban en Vilagarcía
Foto de arquivo
Dúas persoas trasladadas ao sufrir unha saída de vía co coche no que viaxaban en Vilagarcía

Sucedeu sobre as 07:00 horas. As vítimas foron trasladadas ao Hospital do Salnés.

Dúas persoas resultaron feridas na mañá de hoxe despois de saírse da vía mentres circulaban polo concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Unha delas, en estado grave, tivo que ser liberada polos Bombeiros. Ambas foron trasladadas ao Hospital do Salnés.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir unha chamada dunha persoa particular poucos minutos antes das 07:00 horas. Segundo a información facilitada polo alertante, o coche sufriu unha saída de vía e chocou contra unha sinal de tráfico, o que provocou que un dos ocupantes quedase atrapado.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilagarcía, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos membros de Protección Civil e Emerxencias da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os Bombeiros confirmaron que foi preciso o uso do material de excarceración para liberar a un dos feridos.

Comentarios
Lo más