Coa participación da Brilat, a Banda de Santiago, e con 22 nenos portando a cruz dos infantes, sairá hoxe a procesión dos Irmáns

O Santo Cristo da Unción sale ás rúas dende 2003 sobre un trono do prateiro Ramón Orovio traído de Ciudad Real

No ano 1953, e por iniciativa dos Irmáns e dos alumnos, nacía a Real Confraría do Santísimo Cristo da Unción e Nosa Señora da Serenidade. Irmandada coa da Nosa Señora das Angustias de Ferrol, coa da Santa Cea de Baeza en Jaén, e coa da Flaxelación do Noso Pai Xesús da Bondade e María Santísima Consuelo, foi no ano 2006 SS.AA.RR. os Príncipes de Asturias, aceptan formar parte da Confraría, como Irmáns Maiores de Honra.

Tanto a talla do Santo Cristo da Unción como a da Nosa Señora da Serenidade son obras realizadas no século XX polo imaxineiro compostelán Castor Lata. Procesiona ademais coa cruz dos infantes, un dos símbolos identificadores da Confraría, que é portada por 22 nenos e o carro do Cristo Crucificado portado por confrades femininos.

O Santo Cristo da Unción sale ás rúas dende 2003 sobre un trono do prateiro Ramón Orovio traído de Ciudad Real.

O Percorrido será o seguinte: 

Colexio “A Inmaculada” (Rúa García Blanco),  Concepción Arenal,  Fonte de Santo Antonio,  Orfas,  Rúa Nova, Rúa de Xelmírez,  Praza das Praterías,  Rúa do Vilar, Porta Faxeira,  Senra,  Fonte de Santo Antonio,  Concepción Arenal.

Comentarios
Lo más