Rescatado un grupo de persoas tras perderse nunha pista forestal en Ortigueira

Rescatado un grupo de persoas tras perderse nunha pista forestal en Ortigueira
Foto de archivo
Rescatado un grupo de persoas tras perderse nunha pista forestal en Ortigueira

Suecedeu ao fio das 23:30 horas na parroquia coruñesa de San Salvador de Couzadoiro

Un grupo de seis persoas que viaxaban en dous turismos – catro adultos e dous nenos – foron rescatados na madrugada de hoxe despois de perderse nunha pista forestal na parroquia coruñesa de San Salvador de Couzadoiro, mentres intentaban atopar a localización dunha casa rural.

Ao fío das 23:30 horas da noite de onte, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun particular solicitando axuda. No seu relato indicaba que o grupo, seguindo as indicacións do GPS, perdeuse nunha pista forestal e acabou impedido de seguir o traxecto ao atoparse entre un río e un tramo de costa esvaradío.

Decontado, os xestores do 112 Galicia deron indicacións ao comunicante para o envío mediante mensaxe de Whatsapp das coordenadas da súa localización e así facilitar a chegada os servizos de emerxencias.

Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia, informouse aos axentes da Garda Civil e Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ortigueira e aos membros de Protección Civil da localidade.

De esta forma, poucos minutos despois da 01:00 hora da madrugada de hoxe, os axentes da Garda Civil localizaron os turismos. Pese ao susto, os ocupantes atopábanse ben e lograron seguir tras sacar un dos vehículos. O outro coche foi liberado posteriormente.

Comentarios
Lo más