Padrón ateigado de xente no Venres Santo

Padrón ateigado de xente no Venres Santo
Padrón ateigado de xente no Venres Santo

A Semana Santa padronesa atrae cada vez máis curiosos

A Semana Santa de Padrón cada vez atrae a máis xente ao municipio. Reflexo de iso foi a xornada do Venres Santo na que Padrón estaba ateigado de xente nas súas rúas.

A procesión do Santo Enterro, que tivo lugar o venres ás 20:00 horas, chamou a atención tanto a lugareños como visitantes. Entre eles, peregrinos do Camiño de Santiago que fixeron a súa parada no municipio padronés para disfrutar do bo tempo e da Semana Santa. Os extranxeiros que alí estaban coincidían valorando a Semana Santa padronesa como fermosa, cunhas procesións dignas de admiración.

As rúas estaban ateigadas, case non se podía camiñar. As terrazas dos bares a rebosar de xente que quería disfrutar do día, do bo tempo, das vacacións e das datas festivas. O Souto e o espolón estaban cheos de nenos que enchía o lugar entre risas e xogos.

Está claro que o bo tempo anima a calquera. Así se veu na xornada festiva do venres que encheu Padrón de turistas e visitantes.

Comentarios