En Común-Unidas Podemos traballará pola abolición das touradas

En Común-Unidas Podemos traballará pola abolición das touradas
En Común-Unidas Podemos traballará pola abolición das touradas

Antón Gómez-Reino destacou que o 99,7% das galegas non están interesadas nas touradas. “É un clamor que foi recollido en cidades como A Coruña, onde deixaron de recibir financiamento público”.

Os candidatos ao Congreso e ao Senado de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino e Carmen Armada, xunto co membro de Libera, Rubén Pérez Sueiras, presentaron este venres na Coruña as propostas de En Común Unidas Podemos para camiñar cara a abolición das touradas. "Traballaremos pola abolición das touradas no noso país. No marco do Estado, a xente debe decidir se debe haber ou non tauromaquia", afirmou Gómez-Reino.

O cabeza de lista ao Congreso pola Coruña destacou que “o 99,7% das galegas non están interesadas nas touradas. É un clamor cidadá que foi recollido en cidades comoA Coruña, onde deixaron de recibir financiamento público”. Ademais, outros dos indicativos deste clamor é que “estanse recollendo centos de sinaturas contra o maltrato animal. Estamos sendo pioneiros en Galicia, onde queda claro que non hai espazo para este tipo de actividades”.

A candidata ao Senado, Carmen Armada, explicou que “temos un forte compromiso coas políticas de benestar animal e estamos en contra de que se asignen recursos públicos para maltratar animais. Unha sociedade que non coida os seus animais é unha sociedade medieval que non queremos”. Armada engadiu que “queremos un Parlamento cheo de deputadas e deputados feministas e animalistas. Queremos un Parlamento de persoas valentes que defendan os animais e o planeta”.

O membro de Libera e do grupo asesor do programa de En Común-Unidas Podemos, Rubén Pérez Sueiras, apuntou que na Coruña en 2015 “rematamos coas touradas, unha decisión valente do goberno e avalada pola cidadanía”, despois de “máis de 20 anos empregando diñeiro público para maltratar e torturar animais para uso e goce dunha minoría”. Sueiras asegurou que “trasladaremos o bo traballo municipal do concello ás cortes” para evitar tamén “a utilización de medios públicos para que uns poucos empresarios gañen cartos”.

Comentarios
Lo más