Os Populares felicítasen de que a Deputación da Coruña poña en marcha o proceso expropiatorio da 1ª fase da estrada Roxos-Reborido

Os Populares felicítasen de que a Deputación da Coruña poña en marcha o proceso expropiatorio da 1ª fase da estrada Roxos-Reborido
Foto de arquivo
Os Populares felicítasen de que a Deputación da Coruña poña en marcha o proceso expropiatorio da 1ª fase da estrada Roxos-Reborido

A ampliación deste vial, que vai desde o punto quilométrico 0+390 ao 2+620, é unha actuación moi solicitada tanto polo equipo que dirixe Agustín Hernández, como polos veciños e usuarios

O Partido Popular manifestou a súa satisfacción polo inminente inicio do trámite de expropiacións da primeira fase para a ampliación e mellora de trazado da estrada provincial Roxos-Reborido (D-7802), que transcurre polo termo municipal de Santiago de Compostela.

Esta actuación levarase a cabo en distintas fases, neste momento, traballarase entre os puntos quilométrico 0+390 ao 2+620 e resulta moi necesaria, polo que ten sido solicitada en numerosas ocasións e de distintas formas polo Grupo Municipal que dirixe Agustín Hernández e mesmo na propia Deputación.

O Grupo Municipal Popular esixe que, tras este paso que dará a Deputación da Coruña estos días, o organismo provincial proceda agora a súa licitación no menor prazo de tempo posible, para que dunha vez, se inicien estas obras tan reclamadas.

Esta actuación contarán cun orzamento total para toda a estrada de máis de 1,1 millóns de euros, ademais de 100.000 euros so para expropiacións.

A ampliación deste vial que ten unha lonxitude de algo máis de 6 quilómetrs é trátase dunha actuación moi demandada, non so polo equipo que dirixe Agustín Hernández, senón tamén polos veciños e usuarios.

Comentarios