Villares reivindica a En Marea como o antídoto contra a decepción, as políticas retrógradas e o esquecemento de Galicia

Villares reivindica a En Marea como o antídoto contra a decepción, as políticas retrógradas e o esquecemento de Galicia
Villares reivindica a En Marea como o antídoto contra a decepción, as políticas retrógradas e o esquecemento de Galicia

Fai un chamamento para que a cidadanía apoie a unha forza comprometida e vital para frear ás direitas e para que a voz das galegas e galegos se escoite no estado

En Marea encara a semana final de campaña presentándose como o antídoto contra a decepción en Galicia. Así o reivindica o voceiro, que pon en valor un proxecto que aposta pola ilusión e que será a garantía de que a voz das galegas e dos galegos sexa escoitada despois do 28A nun estado de dereitos e liberdades para todas.

"Encaramos esta última semana de campaña con moita ilusión. Ilusión por parar ás dereitas que só trouxeron para Galicia un atraso secular e o camiño da emigración, do paro e da falta de oportunidades para a xente moza. Pero tamén estamos seguros de que seremos a ilusión fronte aos decepcionados. O antídoto contra a decepción daqueles que sendo progresistas están vendo como o PSOE tolea por pactar con Ciudadanos". Así o explica Luís Villares, que reivindica o proxecto da única forza soberana e comprometida ao 100% cos intereses das galegas e galegos; pero capaz ao tempo de tecer alianzas de progreso para o conxunto do estado.

"Somos o antídoto contra a decepción daqueles que viron como Podemos esquecía durante un ano a posibilidade de formular unha moción de censura para sacar a Mariano Rajoy do goberno. Somos o antídoto contra aqueles decepcionados que viron como PSOE e Podemos esquecían a Galicia e humillaban, cun maltrato sen precedentes, ao noso país no último orzamento xeral do estado. E somos tamén o antídoto fronte a aqueles que dicíndose moi galeguistas son incapaces de chegar a acordos de estado con outras forzas políticas para ampliar dereitos", reivindica Luís Villares.

Fronte á España en branco e negro á que o PSOE parece disposto a deixarse levar, da man das dereitas, En En Marea reivindícase como o espazo da ilusión, do progreso social e das liberdades e os valores democráticos progresistas. Algo que, xunto ao seu firme compromiso coa defensa de Galicia, a convierte nun proxecto singular, e no único capaz de impulsar os intereses dos galegos e galegas xunto cos a cidadanía do conxunto do estado.

"Somos capaces de tecer alianzas amplas a nivel estatal para seguir subindo o salario mínimo interprofesional, para mellorar as pensións dos nosos maiores, para poñer os recursos que existen a favor das maiorías sociais. Queremos seguir facéndoo, e reivindicando tamén os novos valores presentes na sociedade: o feminismo, o novo 15m da mocidade que loita contra o cambio climático porque sabe que non hai planeta B", aseverou o voceiro de En Marea no mitin celebrado esta tarde en Ribeira.

"Non somos un simple apéndice do PSOE nin de Podemos. Somos representantes plenos dunha Galicia que se ergue orgullosa. Dunha Galicia feminista, dunha Galicia solidaria que non deixa ninguén atrás. Que quere o mellor para si pero que quere ampliar dereitos tamén para o conxunto da cidadanía do estado. Unha cidadanía e unha Galicia que non se rende, que mira orgullosa ao mundo porque sabe que existe unha maneira diferente de facer as cousas", reivindica Villares.

"En Marea é o antídoto contra a decepción: unha forza galega, democrática e progresista que defende os nosos intereses defendendo ademas ampliar dereitos eliberdades para toda España. Xustiza social para todo o mundo, un mundo máis xusto onde ninguén quede atrás pero no que non se deixe de escoitar a nosa voz. Queremos ser a voz desa Galiocia real, feminista, da Galiza que non se rende, da Galicia loitadora". Así o reivindicou o voceiro dende a Praza de Vigo de Ribeira. Un mitin no que tamén participaron as cabezas de lista de En Marea ao Congreso e ao Senado, Ana Seijas e Mariló Candedo, e os candidatos Pancho Casal e Adrián Dios. 

Comentarios
Lo más