Dúas persoas, unha delas falecida e outra ferida grave, nun accidente de moto en Catoira

Dúas persoas, unha delas falecida e outra ferida grave, nun accidente de moto en Catoira
Foto de arquivo
Dúas persoas, unha delas falecida e outra ferida grave, nun accidente de moto en Catoira

O sinistro mortal produciuse preto das 20:30 horas

Na tarde de onte, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente de moto no que unha persoa faleceu e outra resultou ferida de consideración.

O sinistro mortal produciuse preto das 20:30 horas, cando o vehículo, que circulaba pola estrada que une Catoira e Cordeiro, se saía da vía e chocaba contra un poste.

Foi unha persoa particular quen contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia, pasouse aviso aos servizos sanitarios de urxencia do 061 que, debido a gravidade do accidente, optaron por mobilizar ata o lugar do sinistro ao helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Tamén, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os Bombeiros do Salnés, os axentes de Tráfico, os membros do GES de Valga e de Protección Civil da localidade, así como persoal da empresa subministradora de telefonía, que se encargou da reparación do poste afectado.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia o falecemento dun dos ocupantes da moto.

Comentarios