Unha persoa falecida tras ser alcanzada por un tren en Rábade

Unha persoa falecida tras ser alcanzada por un tren en Rábade
Foto de arquivo
Unha persoa falecida tras ser alcanzada por un tren en Rábade

Sucedeu sobre as 11:00 horas

Unha persoa faleceu esta mañá, despois de ser alcanzada por un tren de pasaxeiros que circulaba á altura do paso a nivel de Rábade, moi preto da estación desta localidade.

Ao fío das 11:00 horas de hoxe, o persoal de ADIF alertaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia do sucedido. Ata ao lugar desprazáronse de inmediato, tras recibir o aviso do 112 Galicia, os servizos sanitarios do 061, os axentes da Garda Civil e a Policía Local. Ademais, deron conta do sucedido aos Bombeiros de Vilalba, por se fose precisa a súa intervención.

Persoal de ADIF confirmou ao 112 Galicia que a circulación férrea segue interrompida nese tramo, mentres as Forzas da Orde esclarecen as causas do suceso. Ademais, os dous pasaxeiros que viaxaban no convoi foron trasladados ao seu destino en vehículos alternativos.

Comentarios