Negreira xa prepara todo para a XXIV edición do Encontro dos maiores

Negreira xa prepara todo para a XXIV edición do Encontro dos maiores
Negreira xa prepara todo para a XXIV edición do Encontro dos maiores

Haberá baile amenizado polo dúo Matices

O Concello de Negreira abre dende hoxe e ata o vindeiro martes 30 de abril, a retirarada dos convites para asistir ao XXIV Encontro dos maiores que terá lugar o sábado 4 de maio, no Campo da feira, e para o cal, a veciñanza participante contará cun servizo de autobús que percorrerá as diferentes parroquias, a partir das 12:30 horas polas paradas de costume, e con regreso a partir das 19:30 horas.

O programa de actos comezará ás 13:30 horas coa misa na capela do Cotón, seguida da actuación da Banda de Música Municipal de Negreira. Ás 14:30 horas comezará o xantar popular baixo carpa. Haberá baile amenizado polo dúo Matices.

Comentarios