A Corporación do Concello de Santiago acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón

A Corporación do Concello de Santiago acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón
A Corporación do Concello de Santiago acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón

Como vén sendo tradición, a delegación compostelá foi recibida na Casa do Concello padronés 

Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. Unha delegación municipal, encabezada polo alcalde, Martiño Noriega, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.

Como vén sendo tradición, a delegación compostelá foi recibida na Casa do Concello padronés e, tras o intercambio de bastóns de mando e pendóns, os dous alcaldes pronunciaron unhas palabras no salón de plenos. Tras os dous discursos, as dúas corporacións e a veciñanza puideron escoitar as actuacións das bandas municipais de Santiago e de Padrón, primeiro na rúa Costa do Carme e, posteriormente, na praza de Macías.

A celebración do Día de Santiago en Padrón no luns de Pascua é unha cita tradicional na que as dúas vilas reforzan a súa irmandade, como fan despois no Día de Padrón en Santiago, nas festas do Apóstolo. 

Comentarios
Lo más