A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mantivo un encontro con Ángel Tahoces, Director Xeral de Enerxía e Minas

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mantivo un encontro con Ángel Tahoces, Director Xeral de Enerxía e Minas
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos mantivo un encontro con Ángel Tahoces, Director Xeral de Enerxía e Minas

O Director Xeral de Enerxía e Minas amosouse comprensivo co medo amosado pola veciñanza a que a antiga canteira se encha de residuos coa súa restauración e comprometeuse a aumentar a vixiancia sobre a empresa

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reuníuse na mañá de onte co Director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces e dous técnicos. Comezaron informando á plataforma do recén aprobado acceso ao expediente da canteira da Casalonga solicitada pola plataforma dende mediados de febreiro. Aseguraron que estará en posesión da plataforma nun prazao de dous días. 

Nesa documentación só está o novo Plan de Restauración da canteira pero non o Plan de Labores, documento imprescindible para que a plataforma poida facer un seguimiento da actividade da empresa. A razón é que Toysal negouse e a administración tivo que volver a tramitar a solicitude por non ver fundamento para tal feito. A empresa tendous2 meses para poder recurrir esta decisión da Xunta. De non recurrir, o plan de Labores estará na man da plataforma nun prazo de dos meses.

O Director Xeral de Enerxía e Minas amosouse comprensivo co medo amosado pola veciñanza a que a antiga canteira se encha de residuos coa súa restauración e comprometeuse a aumentar a vixiancia sobre a empresa de dúas maneiras: a primeira, obrigándoa a contratar un organismo externo encargado de controlar se os materiais que van a entrar na canteira son os axeitados para restaurala ou non e a segunda, obrigándoa a entregar un plan de seguimiento e vixiancia ambiental.

Ante a insistencia da plataforma sobre a falta de viabilidade económica da explotación da canteira e a certeza de que esta explotación só é a tapadeira para encher o burato de residuos, a Consellería de Industria lavouse as mans indicando que non era da súa competencia se a empresa gañaba ou non cartos con esa actividade.

A plataforma, non conforme con esta resposta, entende que debería estar regulado por lei a viabilidade económica dunha actividade para poder concederlle os permisos pois non é unha actividade inocua, traerá perxuízos á veciñanza polas explosións contínuas, os movementos de terras, a contaminación dos manantiais e a destrucción dun espazo xa restaurado de xeito natural, cheo de vida vexetal e animal.

Da reunión á plataforma acordou un terceiro compromiso por parte de Ángel Bernardo Tahoces: obrigar á empresa a restaurar dende o primeiro momento co material que xa foi extraído da propia mina fai anos e que se atopa alí amoreado. A plataforma ve máis razonable que non se permita traer material externo á canteira para restaurala, nin ao principio nin ao final do proceso, pois co material alí existente e con algunha obra máis pódese obter un espazo seguro e limpo, máis acorde co espíritu dunha restauración.

A plataforma tamén ve necesario un cambio lexislativo que vincule a opinión do concello e do tecido social da zona á elaboración e aprobación dos plans de restauración das canteiras, pois actualmente é a empresa dona dos terreos e a Xunta quen decide como vai a quedar o espazo tras a súa actividade. Son os habitantes do concello os que finalmente van a disfrútalos ou padecelos, debería ser determinante a súa opinión.

A plataforma sae da reunión con tres compromisos verbais por parte do Director Xeral de Minas, estarán vixiantes para que se cumpran e seguirán co seu traballo pois saben que, ainda que se cumpran, son insuficientes para evitar a formación dun vertedoiro encuberto na canteira da Casalonga.

Comentarios