Unha persoa trasladada despois de sufrir a picadura dun insecto en Vila de Cruces

Unha persoa trasladada despois de sufrir a picadura dun insecto en Vila de Cruces
Foto de arquivo
Unha persoa trasladada despois de sufrir a picadura dun insecto en Vila de Cruces

Os feitos ocorreron no número 31 de Sulago, na parroquia de Merza, ao fío das 18:45 horas

Unha persoa precisou asistencia sanitaria esta tarde no termo municipal de Vila de Cruces despois de recibir a picadura dun insecto, posiblemente dunha abella.

Os feitos ocorreron no número 31 de Sulago, na parroquia de Merza, ao fío das 18:45 horas.

Ata o lugar achegáronse os servizos sanitarios, que mobilizaron ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que, finalmente, a persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Ademais, neste operativo participaron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil.

Comentarios