Dous axentes da Garda Civil agredidos nunha festa en Camariñas por intentar arrestar a un xove

Dous axentes da Garda Civil agredidos nunha festa en Camariñas por intentar arrestar a un xove
Foto de arquivo
Dous axentes da Garda Civil agredidos nunha festa en Camariñas por intentar arrestar a un xove

Varias persoas intentaron evitar o arresto e propinaron unha brutal paliza aos axentes

Varias persoas intentaron evitar o arresto dun xove investigado por varios altercados durante a celebración das festas da Virxe do Monte de Camariñas. O resultado desta trifulca foi dous axentes de baixa laboral por patadas, pisotóns e puñetazos por todo o corpo.

O suceso foi na madrugada do domingo. A Gardia Civil recibiu varias chamadas sobre as 04:00 horas denunciando a un xove que supostamente estaba a increpar e agredeir a outras persoas que estaban ana festa.

Acudeu unha patrulla e ao chegar viron a un home enriba do escenario insultando á xente. Esto provocou que a actuación musical tivera que deterse. O home, cando veu á Garda Civil, empezou a increpalos. Os efectivos intentaron subir ao escenario pero o home fuxeu, pero puideron reducilo. No momento que o individuo estaba apresado, tivo lugar unha agresión aos efectivos por parte de varias persoas relacionadas co home, o cal logrou escapar entre a trifulca.

Os efectivos defendéronse como puideron e volveron en busca do xove, que foi reducido de novo e levado ao coche patrulla. Pero outro grupo de persoas empezou a mover e pegarlle patada ao coche. O condutor arrancou o vehículo e a xente empezous a perseguilos. Foron diretos ao Hospital Virxe da Xunqueira en Cee para que os sanitarios evaluaran as súas lesións.

Estes dous efectivos da Garda Civil atópanse de baixa como resultado da brultal paliza.

Comentarios
Lo más