A directora da Escola Infantil Merlín en Bertamiráns denuncia goteiras por culpa de un "piso okupa" no mesmo edificio

A directora da Escola Infantil Merlín en Bertamiráns denuncia goteiras por culpa de un "piso okupa" no mesmo edificio
A directora da Escola Infantil Merlín en Bertamiráns denuncia goteiras por culpa de un "piso okupa" no mesmo edificio

"Empezou cunha, despois con dúas ou tres, e agora é un río. Temos dúas aulas inutilizadas agora mesmo"

Dende a Escola Infantil Merlín en Bertamiráns queren denunciar a situación que están a vivir. COMPOSTELA24HORAS fala con Carmen Santoro, a directora do centro, que nos conta os problemas que están tendo cuns inquilinos do edificio onde se atopa a escola infantil.

Carmen relátanos que no segundo piso do mesmo edificio, ao parecer, están vivindo dúas mulleres cun can en situación de ocupación. As mulleres teñen un lanzamento de desahucio para o 20 de maio pero está recurrido. Elas habitan nesa vivenda de xeito ilegal e non abre a ninguén.

O problema vén porque na escola infantil teñen goteiras dende fai unha semana que se orixinan nese piso. Como as mulleres non abren a ninguén, tampouco abren a técnicos que só queren supervisar o problema.

"Empezou con unha (goteira), despois con dúas ou tres, e agora é un río. Temos dúas aulas inutilizadas agora mesmo" afirma Santoro. Saben con toda seguridade que o problema vén do segundo porque no primeiro están a vivir o problema das goteiras dende fai dúas semanas pero con máis gravidade.

Cubos goteras Escuela Infantil Merlu00edn Bertamiru00e1ns (Telu00e9fono)

"Os donos do piso do primeiro, que tamén se ve afectado, xa intentaron falar coas okupas, deixáronlles notas e cartas", afirma Carmen Santoro. Pero as mulleres non deixan entrar aos técnicos. A directora do centro chamou tanto á Garda Civil, como á Policía Local e Nacional pero dinlle que non poden facer nada sen unha orde xudicial.

Dende a administración non lle dan unha solución a Carmen. Ela, xunto cos afectados do primeiro piso, puxéronse en contacto co Concello de Ames: "da Alcaldía mandáronnos a Urbanismo; Urbanismo díxonos que tiñan que enviar un técnico pero que eles non tiñan competencias para meter man ao asunto das okupas do segundo. Pero para o que sí tiñan competencia era para vir aquí a ver se estábamos cumprindo a normativa e senón pechar a escola, e deixar na rúa a cincuenta familias cos nenos. É toda a solución que nos dan" denuncia Carmen Santoro.

Segúndo afirma Santoro, a administración estase a pasar a pelota "dun tellado a outro e nós aquí vendo como a escola se estropea toda, como se anulan espazos". "Estamos funcionando con normalidade dentro do posible, pero como esto siga así non queda outra que pechar. É un asunto serio para moitas familias" manifesta a directora da escola infantil.

Comentarios
Lo más