Unha persoa excarcerada despois dunha colisión entre dous turismos en Esgos, Ourense

Unha persoa excarcerada despois dunha colisión entre dous turismos en Esgos, Ourense
Foto de arquivo
Unha persoa excarcerada despois dunha colisión entre dous turismos en Esgos, Ourense

O sinistro tivo lugar na estrada que une Esgos e o Alto do Couso, ao fío das 15:30 horas

Unha colisión entre dous coches ocorrida esta tarde en Esgos saldouse cunha persoa ferida que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, ao quedar atrapada no interior do turismo accidentado.

O sinistro tivo lugar na estrada que une Esgos e o Alto do Couso, ao fío das 15:30 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do sucedido ao 112 Galicia e, nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, ao GES do Pereiro de Aguiar e aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas.

Xa no punto, a persoa foi liberada do interior do vehículo e evacuada nunha ambulancia.

Comentarios