Choque entre un turismo e unha furgoneta en Xunqueira de Espadanedo, Ourense

Choque entre un turismo e unha furgoneta en Xunqueira de Espadanedo, Ourense
Foto de arquivo
Choque entre un turismo e unha furgoneta en Xunqueira de Espadanedo, Ourense

Ocorreu no punto quilométrico 24 da OU-536 sobre as 18:00 horas

Un home precisou asistencia médica tras un choque no que se viron implicados un turismo e unha furgoneta en Xunqueira de Espadanedo. Ocorreu no punto quilométrico 24 da OU-536.

Unha persoa particular contactaba co CIAE 112 Galicia para dar conta do sinistro ao fío das 17:55 e, decontado, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da estrada e de Protección Civil de Maceda.

Xa no lugar dos feitos, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Maceda excarceraron á persoa, xa que atopábase atrapada no interior do coche accidentado.

Unha vez liberada, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario.

Comentarios
Lo más