Rescatados ilesos os dous tripulantes dun pesqueiro despois de encallar contra as rochas

Rescatados ilesos os dous tripulantes dun pesqueiro despois de encallar contra as rochas
Foto de arquivo
Rescatados ilesos os dous tripulantes dun pesqueiro despois de encallar contra as rochas

Sucedeu na Ría de Arousa sober as 04:45 horas

Os dous tripulantes da embarcación “Uxía Cinco” foron rescatados esta madrugada polo helicóptero Pesca-I do Servizo de Gardacostas de Galicia nas inmediacións da Ría de Arousa.

Foi o persoal de Salvamento Marítimo quen, sobre as 04:45 horas desta madrugada, informou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Indicaban que o Pesca-I desprazábase ata as inmediacións da Illa de Vionta, ao Norte de Sálvora, para rescatar aos tripulantes dun pesqueiro que acababa de embarrancar contra as rochas.

Unha vez rescatados, a aeronave trasladounos ata Ribeira, onde unha ambulancia do 061 agardábaos para ser evacuados, aínda que o seu estado non aparentaba gravidade, ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentarios
Lo más