Pontecesures e Rianxo gardan un minuto de silencio en sinal de luto polas vítimas dos atentados de Sri Lanka

Pontecesures e Rianxo gardan un minuto de silencio en sinal de luto polas vítimas dos atentados de Sri Lanka
Foto: TVE
Pontecesures e Rianxo gardan un minuto de silencio en sinal de luto polas vítimas dos atentados de Sri Lanka

Ambos actos tiveron lugar este martes en ambos concellos

Este martes, os condellos de Rianxo e Pontecesures gardaron un minuto de silencia en sinal de luto polas dúas vítimas dos atentados acontecidos en Sri Lanka o pasado domingo.

En Rianxo decretaron tres días de luto oficial e as bandeiras ondearán a media asta xa que unha das vítimas, Alberto Chaves, era natural da vila. Este martes, a partir das 12:00 horas tivo lugar o acto do minuto de silencio na plaza do Concello no que asistiron uns 200 veciños e veciñas.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, mostrou a súa solidaridade coas familias das vítimas e agradeceu ao concello de Padrón por suspender os actos das festas en sinal de dor.

Pola súa banda, o concello de Pontecesures tamén tivo o seu acto de silencio ás 20:30 horas deste martes en memoria das vítimas. Ademáis dunha morea de veciños, estiveron presentes o alcalde de Pontecesures, José Manuel Vidal, e a delegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. A outra vítima, María González Vicente era veciña do municipio.

Comentarios
Lo más