Menú escolar a base de bocadillos e empanada en A Sionlla

Menú escolar a base de bocadillos e empanada en A Sionlla
Foto de arquivo
Menú escolar a base de bocadillos e empanada en A Sionlla

Por falta de cociñeira, modificouse o menú de hoxe e de mañá

Este martes, dende a dirección do CEIP Arquitecto Casa Novoa, en A Sionlla, comunicaron a pais e nais do alumnado que terán que comer "a base de bocadillos" durante hoxe mércorse 24 e mañá xoves 25, por falta de cociñeira, a cal foi trasladad a outro centro e aínda non se cubriu a súa vacante.

Na comunicación añadían que unha das axudantes de cociña atopábase de baixa por falecemento dun familiar. Por estas circunstancias, o colexio veuse na obriga de modificar o menú diario e ofrecer bocadillos hoxe ou empanada mañá aos nenos e nenas.

Ademáis, o colexio comunicou que non cobrará a comida destes dous días ás familias abonadas ao servizo do comedor escolar.

Comentarios