Un estoupido orixina un incendio no baixo dunha vivenda en Moaña sen lamentar danos persoais

Un estoupido orixina un incendio no baixo dunha vivenda en Moaña sen lamentar danos persoais
Foto de arquivo
Un estoupido orixina un incendio no baixo dunha vivenda en Moaña sen lamentar danos persoais

Ocorreu na rúa da Lameira, á altura do número 83, ao fío das 17:05 horas

Unha explosión no baixo dunha vivenda en Moaña provocou un incendio que deixou danos materiais no interior da estancia, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no soto da vivenda había bombonas de butano, aínda que polo momento, descoñécense as causas da deflagración.

Ocorreu na rúa da Lameira, á altura do número 83, ao fío das 17:05 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Indicaba, no seu relato, que ningunha persoa atopábase ferida nin afectada.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros do Morrazo, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, desde o 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros de Vigo e á empresa subministradora de gas.

Xa no almacén, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento atallaron o lume e ventilaron o baixo, sen que, ata agora, transcendesen as causas da explosión.

Comentarios
Lo más