Oroso critica que o centro de saúde non ten estes días servizo de pediatría e a Xunta non repoñe as facultativas

Oroso critica que o centro de saúde non ten estes días servizo de pediatría e a Xunta non repoñe as facultativas
Oroso critica que o centro de saúde non ten estes días servizo de pediatría e a Xunta non repoñe as facultativas

“Contar cun servizo de pediatría é unha obriga para calquera concello e a Consellería de Sanidade ten que actuar de inmediato se hai baixas”, sostén o alcalde Manuel Mirás

O centro de saúde do Concello de Oroso non conta estes días con servizo de pediatría pola baixa das dúas especialistas. “É normal que estén de baixa, están no seu dereito, só faltaría se teñen motivos para elo, pero a Consellería de Sanidade ten que repoñer as facultativos”, afirma o alcalde, Manuel Mirás.

“Somos un dos poucos concellos de Galicia con crecemento vexetativo, afortunadamente moitos nenos e nenas viven en Oroso, pero os que se poñen enfermos son atendidos este días por facultativos de medicina xeral ou teñen que desprazarse a centros sanitarios doutros concellos”, advirte Mirás.

“Falamos dunha necesidade básica”, engade o alcalde, “temos un grave problema coa sanidade pública en Galicia por culpa dun goberno autonómico ao que non lle preocupan os concellos”. O Concello de Oroso tentou poñerse en contacto con algún directivo da Consellería de Sanidade, pero non o conseguiu ata o momento.

“Non sabemos onde está o portavoz do PP, o señor Doval, que é sempre moi rápido para criticar temas menores pero nesta ocasión está calado; espero que chame á Consellería de Sanidade para esixir unha solución inmediata”, engade Mirás.

O alcalde comprende e apoia as queixas dos pais afectados pola ausencia das dúas pediatras e fará “todo o que esté da miña man para que se repoña o servizo o antes posible, é un feito grave”, remata.

Comentarios