Hoxe xoves impártese un novo obradoiro de competencias socioemocionais sobre a comunicación interpersoal

Hoxe xoves impártese un novo obradoiro de competencias socioemocionais sobre a comunicación interpersoal
Hoxe xoves impártese un novo obradoiro de competencias socioemocionais sobre a comunicación interpersoal

Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento

feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Ames organiza hoxe xoves, ás 17.00 horas, no Pazo da peregrina, en Bertamiráns, un novo taller dirixido ás mulleres amesás que estará centrado na comunicación interpersoal. Este taller enmárcase dentro dun programa de obradoiros de competencias socioemocionais enfocados no empoderamento feminino, para a adquisición de capacidades e habilidades socioemocionais que favorezan o seu crecemento persoal. Para participar nas actividades deste ciclo non é necesaria inscrición previa.

O Centro de Información da Muller (CIM) de Ames puxo en marcha no pasado mes de marzo unha serie de obradoiros destinados ao empoderamento das mulleres amesás.

Así, o ciclo consta dun total de oito talleres que se irán alternando os mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 18.00 a 20.00h, e os xoves no Pazo da Peregrina das 17.00 ás 19.00 horas. O primeiro deles xirou en torno ao autocoidado; o segundo obradoiro centrouse na corporalidade e a atención plena; e o terceiro taller tratou sobre a disciplina positiva.

O cuarto obradoiro, que se imparte este xoves 25 de abril, a partir das 17.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, titúlase: Faite entender: comunicación interpersoal.

Deste xeito chégase ao ecuador do programa, e aínda quedarán outros catro talleres que se realizarán durante o mes de maio. O primeiro dos cales levará por título Alimentar o teu cerebro: nutrición e benestar, que se realizará o xoves 9 no Pazo da Peregrina. A continuación, o mércores 15 realizarase unha sesión que versará sobre o mindfulness. Os dous últimos talleres do programa xirarán en torno ao coaching e a toma de decisións, o 23 de maio, e á xestión de conflitos, o mércores 29.

Ferramentas para o empoderamento das mulleres

Así, o empoderamento consiste en que unha persoa adquira autoridade, influencia ou coñecemento para facer algo. Nun contexto no que as mulleres aínda sofren desigualdades en ámbitos como o laboral, o social ou o persoal, como son o teito de cristal ou a fenda salarial, convértese en esencial facilitarlles todas as ferramentas necesarias para o seu empoderamento, o que supón un paso máis cara a igualdade.

Así, unha muller empoderada é aquela que se coñece a si mesma, que vive a súa feminidade con liberdade, que rompeu as súas barreiras internas e conectou ca súa verdadeira esencia. Todo isto permítelle ter o control sobre a súa propia vida, alcanzar as súas metas, tomar decisións, manter relacións saudables, establecer límites firmes ante calquera tipo de desigualdade.

Comentarios
Lo más