Continuamos coa chuvia en Compostela

Continuamos coa chuvia en Compostela
Continuamos coa chuvia en Compostela

As temperaturas non terán cambios significativos quedando a mínima nos 7º e a máxima nos 12º

Non se agardan cambios na situación meteorolóxica para o xoves xa que Galicia continúa na influencia das baixas presións, con aire frío en altura. Así, en Santiago os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos localmente de sarabia e de carácter tormentoso. 

As temperaturas non terán cambios significativos quedando a mínima nos 7º e a máxima nos 12º.

Comentarios