Envorca un turismo na rotonda de Grandisca

Envorca un turismo na rotonda de Grandisca
Envorca un turismo na rotonda de Grandisca

Cando foi liberado, o único ocupante do turismo foi evacuado ao centro hospitalario de referencia para ser atendido das lesións provocadas polo impacto

Nas últimas horas do día de onte, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro sinistro localizado no acceso ás autovías AG-64 e A-8, no concello lucense de Vilalba. Novamente, un particular deu conta do suceso mediante unha chamada ao 112 Galicia pasadas as oito da tarde de onte.

Segundo explicou, un vehículo saíuse da vía e envorcou na rotonda de Grandisca, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros do parque da vila para rescatar ao condutor atrapado no interior. Cando foi liberado, o único ocupante do turismo foi evacuado ao centro hospitalario de referencia para ser atendido das lesións provocadas polo impacto.

Ademais, os bombeiros aclararon que o coche simplemente fumegaba e non ardía como se pensaba inicialmente.

Comentarios