Medicina celebrou o acto graduación dos seus 350 novos titulados

Medicina celebrou o acto graduación dos seus 350 novos titulados
Medicina celebrou o acto graduación dos seus 350 novos titulados

Foron en total 350 estudantes quen, acompañados de 1.500 familiares e medio cento de docentes, recolleron os diplomas que dunha maneira simbólica acreditan a súa titulación en Medicina

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia ateigouse este mércores de futuros profesionais da saúde no tradicional acto de graduación da Facultade de Medicina que presidiu o reitor Antonio López.

Foron en total 350 estudantes quen, acompañados de 1.500 familiares e medio cento de docentes, recolleron os diplomas que dunha maneira simbólica acreditan a súa titulación en Medicina á vez que deron lectura á Declaración de Xenebra co xuramento hipocrático da Asemblea Xeral da Asociación Médica Mundial.

Na cerimonia interviñeron o padriño da promoción, o profesor Arturo González Quintela, cun emocionado discurso, así como o decano da Facultade, Julián Álvarez, e o alumno de grao Pablo Otero. Todos eles estiveron acompañados na mesa do vicerreitor de Estudantes, Víctor Arce; a xerente do CHUS, Eloína Núñez; o presidente da real Academia de Medicina de Galicia, José Carro Otero; o equipo decanal e Ramón Calviño, do Colexio Médico da Coruña.

Comentarios