Falece unha persoas e dúas feridas nunha colisión en Cerdedo-Cotobade

Falece unha persoas e dúas feridas nunha colisión en Cerdedo-Cotobade
Falece unha persoas e dúas feridas nunha colisión en Cerdedo-Cotobade

O sinistro produciuse ás 09:15 horas desta mañá, tal e como indicaban varias persoas particulares que contactaban co 112 Galicia para dar conta do accidente rexistrado

Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas de consideración debido a unha colisión entre un camión motobomba e un turismo en Cerdedo-Cotobade.

Como consecuencia do impacto, a vítima mortal quedou atrapada no interior do turismo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros.

O sinistro produciuse ás 09:15 horas desta mañá, tal e como indicaban varias persoas particulares que contactaban co 112 Galicia para dar conta do accidente rexistrado na PO-233, no punto quilométrico 11. Segundo indicaron, no interior do coche viaxaban tres persoas, posiblemente, algunhas delas atrapada. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos Bombeiros de Pontevedra, aos membros do GES da Estrada e Bombeiros do Salnés, que, efectivamente, procederon a excarceración da vítima.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias evacuaron aos outros dous ocupantes do turismo que presentaban lesións de consideración. Para atención dos feridos o Servizo Sanitario puxo a disposición o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Os servizos de emerxencias contaron ademais co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil da localidade.

Comentarios