Propoñen unha liña de axudas para modernizar os locais comerciais da zona vella
Ata un máximo de 7.500 euros para locais adicados ao comercio de proximidade
O elevado número de locais e edificios baleiros na zona vella e a multiplicación de letreiros co clásico “Véndese” ou “Alúgase”constitúen algo máis que unha preocupción para a Xoán Bascuas “parece incrible que un casco histórico como o de Santiago, patrimonio da humanidade, chegue a estes niveis de abandono e conseguinte deterioro. Semella que só se está á espera de iniciativas privadas que rematen por facer do lugar un parque temático de hoteis, locais de hostelería, ...”
Bascuas comparte unha impresión moi estendida pola cidade: a zona vella está totalmente enfocada hacia o turismo, deixando de lado á veciñanza. Deste escenario, un dos segmentos máis perxudicados é o comercio de proximidade.
A aposta que fan desde Compromiso pasa por revisar o plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela e poñer en marcha unha liña de axudas destinadas á posta a punto e actualización dos comercios da zona, “conciliando tradición e modernidade”.
Isto contribuiría notablemente a facer máis atractivo vivir na zona vella, que nos últimos anos está a perder poboación co conseguinte deterioro de toda a zona.