Ciclismo de moito nivel en Padrón coa Clásica de Pascua

Ciclismo de moito nivel en Padrón coa Clásica de Pascua
Ciclismo de moito nivel en Padrón coa Clásica de Pascua

Compostela24horas charla con Tanis Vázquez, presidente do Clube padronés e organizador da carreira

O sábado 27 de abril celébrase en Padrón a 57ª edición da Clásica de Pascua - Memorial Francisco Rodríguez Pazos para as categoráis élite e sub-23. A saída está prevista para as 14:00 horas.

Trátase dunha carreira puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo. Das máis prestixiosas e antigas do calendario español e na que o equipo padronés dirixido pro Blanco Villar, ten como un dos principais obxectivos da tempada.

Os 125 kilómetros do recorrido inclúen seis premios puntuables de montaña, con catro ascensións ao Alto de Formarís, ás que hai que añadir o Alto de Bexo e o Alto do Palleiro, primeiro e segundo porto da xoranda, respectivamente, e o Alto da Pereira no km 109. A chegada está prevista para as 17:10 apróximadamente.

O Concello de Dodro acollerá as catro metas volantes nos kilómetros 44,3, 62,9, 78,9 y 94,9 do trazado.

Os tres sprints especiais sitúanse ao paso polo Concello de Rois nos kilómetros 55,2, 71,2 y 87,2.

A carreira estará máis aberta que nunca cunha das participacións máis abultadas dos útlimos anos onde todos os equipos galegos están confirmados. Ademáis do Aluminios Cortizo estarán na salída o Rías Baixas, Supermercados Froiz, Club Ciclista Viguése o Farto de Pontevedra. 

Raúl García de Mateos, Tucho Montenegro, Gabriel Silva ou Anxo Lorenzo serán as principais bazas do equipo padronés para facer que o trofeo se quede un ano máis en Padrón.

COMPOSTELA24HORAS fala co presidente do Club Cicilista Padronés Cortizo-Anova, Tanis Vázquez, que nos conta as súas expectativas de cara á proba do sábado.

- Cantos participantes estarán na proba?

Agora mesmo temos en torno a uns 140 participantes, segundo as inscricións. Veñen cinco equipos de Portugal, sete equipos galegos, despois temos o Ciudad de León tamén dous de Oviedo. Estes son os equipos que temos que en total fan 140 ciclistas participantes. Aínda pode que vaia a pasar porque ainda falta algún equipo por inscribir.

-Hai moita competitividade?

Sí, porque aquí hai moito nivel! Esta carreia é de nivel nacional! Un dos equipos que veñen de Oviedo é un dos mellores equipos de España da categoría. O Rías Baixas, o Froiz, o Aluminios Cortizo... estes están entre os mellores equipos de España. Os portugueses son de primeiro nivel todos.

- Polo que contas, cada ano ten mellor acollida.

Pois o que pasa é que dependemos do calendario do resto de España. Porque nos estamos nun rincón, entón, a veces para traer os equipos de fora cóstanos moito porque son desprazamentos longos, hai que durmir aquí e entón, se teñen carreira máis cerca non veñen.

Este ano temos a vantaxe de que esta fin de semana non hai actividad en Portugal, entón veñen os equipos portugueses. Por eso tempos máis xente. 

Pero bueno, tivemos carreiras de Pascua de 186 de máximo, cando Valverde aínda era aficionado, e correu esta carreira aquí, que viña co Kelme de Alicante. Esa edición fora moi grande.

Esta carreira ten moito nivel, e este ano non imos chegar a esa cifra pero creo que pasaremos dos 140.

- Xa é a 57ª edición da Clásica pero o Clube xa leva dende o 1957, non?

Sí, a data de nacemento do Club é o 13 de setembro de 1957. E a carreira de Pascua empezouse a facer uns anos despois. Trátase da única carreira galega que ten a categoría de "clásica". Esta categoría non é porque leva moito tempo, senón que tes que ter unha serie de anos consecutivos no calendario nacional para que che outorguen ese tratamento. É a única carreira galega que ten esa clasificiación.

A carreira vai estar moi pelexada dado o nivel que hai. Vai ser unha carreira moi dura e moi competida. E os portugueses teñen moitísimo nivel polo que vamos ter un espectáculo excepcional. Ademáis este ano creo que o tempo acompaña para que a xente se anime a achegarse.

Comentarios
Lo más