Unha persoa excarcerada tras unha colisión entre dous coches en Arteixo

Unha persoa excarcerada tras unha colisión entre dous coches en Arteixo
Foto de arquivo
Unha persoa excarcerada tras unha colisión entre dous coches en Arteixo

O sinistro ocorreu na AC-552, concretamente no lugar de Larín, ao redor das 14:30 horas

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Arteixo despois de que colidisen dous turismos. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada ao quedar atrapada no interior dun dos coches implicados no accidente.

O sinistro ocorreu na AC-552, concretamente no lugar de Larín, ao redor das 14:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sucedido.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Unha vez no lugar do accidente, os bombeiros empregaron o material de excarceración para liberar á persoa ferida e, finalmente, foi trasladada a un centro médico.

Comentarios