Atropelo por un autobús urbano na Coruña

Atropelo por un autobús urbano na Coruña
Foto de arquivo
Atropelo por un autobús urbano na Coruña

Ocorreu ao fío das 13:45 horas

Unha persoa na Coruña precisou asistencia médica ao ser atropelada por un autobús urbano na Avenida de Oza, concretamente na confluencia coa Ronda de Outeiro.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ao fío das 13:45 horas, a través da chamada dunha persoa particular. Indicaba no seu relato que a persoa atropelada atopábase inconsciente.

Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros da Coruña e de Protección Civil.

Xa no lugar dos feitos os servizos sanitarios atenderon e trasladaron á persoa ferida a un centro hospitalario.

Comentarios
Lo más