Colisión múltiple en Porriño

Colisión múltiple en Porriño
Foto de arquivo
Colisión múltiple en Porriño

O sinistro sucedeu no lugar da Florida, na parroquia de Torneiros, uns minutos antes das 15:00 horas

Tres persoas resultaron feridas esta tarde no Porriño nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as tres persoas accidentadas foron trasladadas polos servizos sanitarios ao hospital Perpetuo Socorro.

O sinistro sucedeu no lugar da Florida, na parroquia de Torneiros, uns minutos antes das 15:00 horas.

Nada máis ter constancia do suceso a través dunha persoa particular, o persoal do 112 Galicia informou dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Baixo Miño, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más