A Fundación Paideia dará a coñecer en Ribeira os seus programas xuvenís

A Fundación Paideia dará a coñecer en Ribeira os seus programas xuvenís
A Fundación Paideia dará a coñecer en Ribeira os seus programas xuvenís

Está dirixida a persoas de 16 a 29 anos e as interesadas en asistir poden facelo enviando un correo electrónico

O martes día 30 de abril ás 18 horas está previsto que se celebre no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira unha charla informativa sobre os programas de xuventude que está a desenvolver a Fundación Paideia: programa formativo en industrias musicais, servizo de voluntariado europeo, emprego xuvenil…

Está dirixida a persoas de 16 a 29 anos e as interesadas en asistir poden facelo enviando un correo cos seus datos a orientacionriveira@riveira.com ou xuventude@riveira.com. Ou ben chamando por teléfono: 981 87 14 97/ 981 83 52 89

Comentarios