Colisión entre coche e camión en Vigo

Colisión entre coche e camión en Vigo
Foto de arquivo
Colisión entre coche e camión en Vigo

Sucedeu no punto quilométrico 2 da AP-9V, sentido Norte

Cómpre destacar tamén unha colisión entre un turismo e un camión que transportaba combustible en Vigo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, neste accidente ningunha persoa resultou ferida nin tampouco se viu afectada a carga do camión.

Sucedeu no punto quilométrico 2 da AP-9V, sentido Norte.

Unha persoa particular alertaba dos feitos ao 112 Galicia uns minutos antes das 15:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, ao servizo de mantemento da autoestrada, á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.

Comentarios
Lo más