Chega IX Exhibición de Patinaxe Artística e clausura de actividades no pavillón Castelao I de Ordes

Chega IX Exhibición de Patinaxe Artística e clausura  de actividades no pavillón Castelao I de Ordes
Chega IX Exhibición de Patinaxe Artística e clausura de actividades no pavillón Castelao I de Ordes

En total serán máis de 350 nenos e nenas os que interpretarán 26 coreografías

O vindeiro mércores, 1 de maio, terá lugar a IX exhibición de patinaxe artística e a clausura das actividades de ballet e ximnasia rítmica. A cita será ás 12 horas no pavillón Castelao I.

Este ano os grupos que participan serán as escolas de patinaxe dos colexios Campomaior e Castelao (Ordes), Pecalama (Tordoia), Bembibre (Val do Dubra), Lubiáns (Carballo), ademais dos clubs de patinaxe Galia e Conxuro (A Laracha). Tampouco faltarán o Club de Ximnasia Rítmica ANPA Castelao e a Escola Municipal de Ballet (Ordes).

En total serán máis de 350 nenos e nenas os que interpretarán 26 coreografías.

Comentarios
Lo más