Incendio nun taller de Sarria

Incendio nun taller de Sarria
Foto de arquivo
Incendio nun taller de Sarria

Sucedeu a altura do número 11 da Estrada de Monforte, ao fío das 23:30 horas da pasada noite

Un incendio declarado esta tarde nun taller de Sarria provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume calcinou un compresor de aire e a porta de acceso. Ademais, viuse afectado unha bañeira exterior con restos de pezas e aceites.

Sucedeu a altura do número 11 da Estrada de Monforte, ao fío das 23:30 horas da pasada noite. O 112 Galicia tivo constancia do incendio a través da chamada da Garda Civil, nada máis recibir o aviso, dende o 112 Galicia se informou da situación ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Comentarios