Catro persoas evacuadas por mor dunha fuga de gas en Samos, Lugo

Catro persoas evacuadas por mor dunha fuga de gas en Samos, Lugo
Foto de arquivo
Catro persoas evacuadas por mor dunha fuga de gas en Samos, Lugo

O suceso produciuse preto das dez da noite pasada nun apartamento

Catro persoas necesitaron asistencia médica debido a unha fuga de gas detectada no interior dunha vivenda en Samos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse preto das dez da noite pasada nun apartamento situado a altura do numero catro da rúa de San Salvador, no concello lucense de Samos.

Nada máis recibir a chamada de alerta, na cal o persoal sanitario comunicaba que unha ambulancia se desprazaba ata o punto, o 112 Galicia informou decontado aos Bombeiros de Sarría e aos axentes da Garda Civil.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios comprobaron que as persoas afectadas presentaban síntomas dunha posible intoxicación por inhalación de gas, polo que foron evacuadas dúas ao centro hospitalario de referencia.

Pola súa banda tras realizar as comprobacións necesarias, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia, que o monóxido de carbono proviña, posiblemente, do mal funcionamento dun quentador. Polo que tamén foi informado o persoal da empresa suministradora.

Comentarios