Manuel Mirás presenta a XXIII Festa da Troita de Oroso

Manuel Mirás presenta a XXIII Festa da Troita de Oroso
Manuel Mirás presenta a XXIII Festa da Troita de Oroso

O alcalde de Oroso foi o anfitrión no mercado La Galiciana para dar a coñecer o programa de actividades da festa da troita

Esta mañá o mercado La Galiciana de Santiago acolleu a presentación da XXIII Festa da Troito de Oroso. Un acto que estivo presidido polo alcalde do concello, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deporte e Cultura, Luis Rey Villaverde.

Mirás comezou explicando a importancia desta festa que "xa é coñecida en toda Galicia e parte da Península Ibérica". O salto cualitativo veu da man da declaración de interese turístico de Galicia e avanzou que xa están traballando para convertela de importancia a nivel nacional. Dentro desa labor levarán a cabo eventos en Salamanca ou en Guarda (Portugal) para dar a coñecer unha festa que xa está pasando fronteiras.

Esta XXIII edición conxugará catro piares: gastronomía, música, cultura e deporte. Haberá actividades para os máis pequenos e os maiores, actuarán as orquestras máis importantes de Galicia e se poderán degustar o domingo máis de 900 quilos de troita na carpa do concello. Unha festa para que todos os visitantes poidan disfrutar de Oroso.

Luis Rey admitiu que esta festa "é moito máis que gastronomía" xa que levan traballando para poder ofrecer cada ano novas actividades e que todo xire arredor da troita. "Este ano teremos unha animación espectacular nas rúas que terá como foco a nosa troita", asegurou o concelleiro.

O alcalde tamén quixo recordar que pese a que as troitas que se comen son de piscifactoria "o importante é a preparación ao estilo de Sigüeiro, algo único no mundo". Mirás rematou convidando a todos os presentes a visitar a festa da troita porque "o que ven sempre repite".

Comentarios